Cuando:
4 marzo, 2023 a las 8:00 pm – 9:00 pm
2023-03-04T20:00:00+01:00
2023-03-04T21:00:00+01:00
Donde:
Auditorio Municipal de Cedeira
Precio:
2,5€
OS FABULOSOS CLEANERS é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha experiencia visual para participar toda a familia.
Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas.
O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequeñas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón
Venda en taquilla o mesmo día desde unha hora antes
Reserva anticipada desde o martes 28 de febreiro até o venres
3 de marzo ás 14.00 h no whatsapp 649876614