Cuando:
16 agosto, 2020 a las 8:30 pm – 9:30 pm
2020-08-16T20:30:00+02:00
2020-08-16T21:30:00+02:00
Donde:
Praza do Campín, Cariño
Precio:
Gratis

A compañía La Sincro actuará na praza do Campín de Cariño, na que se porá ver a obra «Ohlimpiadas». Trátase dun espectáculo baseado na cotidianidade da vida retrasmitida coma un deporte en directo para xerar un mundo rexido polo absurdo, onde o xesto deportivo e o mundo real mestúranse nunha quimera de disparate continuo. O ano pasado, a obra obtivo o premio Fetén ao mellor espectáculo de rúa e, no 2018, tamén foi o mellor espectáculo en residencia dentro do Circada. O aforo é limitado e a asistencia require de inscrición previa en www.reservas.gal.