Cuando:
15 junio, 2024 a las 11:00 am – 1:00 pm
2024-06-15T11:00:00+02:00
2024-06-15T13:00:00+02:00
Donde:
Biblioteca central do Alto (Narón)
Precio:
Gratis

Este sábado a Biblioteca Pública Municipal de Narón acollerá o obradoiro infantil «As lendas de San Xoán», dirixido a nenas e nenos a partir de 4 anos. Como explicou a edil de Ensino e Bibliotecas, Olga Ameneiro, as e os menores coñecerán o nome das sete herbas máxicas e as súas propiedades e tamén algunha das lendas asociadas ao día de San Xoán. Realizarán tamén unha luminaria de cartulina que saltarán, como marca a tradición, recitando algunhas frases populares asociadas a esta data.

Podes reservar praza desde o martes ás 16:00 h de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.