Cuando:
16 octubre, 2022 a las 8:00 pm – 8:50 pm
2022-10-16T20:00:00+02:00
2022-10-16T20:50:00+02:00
Donde:
Pazo da Cultura de Narón
Precio:
De 5,50 a 9,50€

A través das aventuras de Amelia, Teatro Ghazafelhos trata en esta obra, recomendada para nenos e nenas a partir de 5 anos de idades, temas como o acoso escolar, a tolerancia, o respecto e a diversidade.
Á nosa protagonista encántalle a cultura oriental, o karate, o Kung fu, o jiu-jitsu, as películas de Bruce Lee, Jackie Chan. O seu soño é ser unha Ninja e adestra todos os días para pasar inadvertida e observar aos demais como unha auténtica Ninja. Amelia descobre que no seu colexio hai moitas nenas e nenos que queren ser invisíbeis. Coa axuda do seu veciño o señor Edelmiro, Amelia conseguirá que os nenos e as nenas se fagan visibles e cambiar así as tornas na escola.