Cuando:
8 junio, 2024 a las 8:00 pm – 10:00 pm
2024-06-08T20:00:00+02:00
2024-06-08T22:00:00+02:00
Donde:
Paseo de Xuvia (Neda)
Precio:
Gratis

A primeira edición do festival Neda en Danza inclúe catro espectáculos moi diferentes.

Elahood chega con “Intempestiva”, a súa premiada proposta de danza urbana, concibida como un “retrato en movemento da axitación creativa das novas xeracións”. Un espectáculos inspirado na obra e figura de Xela Arias.

Deseguido, o público poderá desfrutar de “Outr@”, unha peza de danza en formato curto e cunha estrutura improvisada, na que Cristina Montero propón unha viaxe sensorial no imaxinario da xente.

Daniel Rodríguez presentará “A raíz de”, que emerxe como un diálogo entre tradición e contemporaneidade para construír un discurso de futuro. Nel están ben presente a música, o canto e a danza tradicional galega.

E finalmente, porá o broche de ouro á xornada  Bboy Amor. O nedense David Amor, campión de España de break dance da categoría sub-21, ofrecerá ante a súa veciñanza unha exhibición deste baile urbano, arraigado na cultura do hip-hop,