Cuando:
28 enero, 2023 a las 8:00 pm – 9:00 pm
2023-01-28T20:00:00+01:00
2023-01-28T21:00:00+01:00
Donde:
Pazo da Cultura de Narón
Precio:
7€ a 12€

Loop  é a carta de amor á maquinaria escénica que creou Aracaladanza e na que bailaríns, maquinistas e eléctricos xunto a panos, focos, caixas de almacenamento (flight cases), bambalinas, chan de linóleo, escaleiras, moquetas, colchóns… converten a danza nunha función máxica na que o escenario, os seus elementos e quen sobre el traballan convértense en protagonistas.

Entre aplausos e aplausos, os que se escoitan nada máis comezar a función e os que suceden nada máis acabar, os espectadores serán testemuñas e cómplices desta aventura imaxinada na que tamén eles son parte do espectáculo.

O final (principio?) da función acaba cos saúdos de quen bailou. Vemos ao público aplaudindo. O pano péchase e é entón cando podemos descubrir como se desmonta o escenario.

Caen as patas, desátase o pano, enrólanse os chans, gárdanse todo nas caixas. E é entón, cando o escenario xa esta baleiro, o momento de deixarse hipnotizar por un pano que voa; de descubrir que tralas  bambalinas hai máis do que cremos; de rir cando se segue o trazado do chan; de incharnos a sorrisos ao comprobar que os ventiladores funcionan; de celebrar unha festa aínda que pareza que non haxa sitio…

 

Lee máis aquí