Leo é o león máis curioso de toda a selva. Un día, unha choiva de pompas quítalle ao elefante Ante e á tartaruga Uga as súas cores. Será capaz Leo, coa vosa axuda, de devolverlle as cores aos seus amiguiños?
A través de diferentes elementos sensoriais, Leo axudaranos a coñecer e gozar das cores.
Actividade de balde organizada polo Servizo de Normalización Lingüística de Narón dentro do proxecto Apego, con inscrición previa en a.pita@naron.es