Cuando:
23 diciembre, 2023 a las 5:30 pm – 7:00 pm
2023-12-23T17:30:00+01:00
2023-12-23T19:00:00+01:00
Donde:
Pazo da Cultura de Narón
Precio:
7-12€
A maxia do Nadal agarda por vós no gran «Circo Mágico de Navidad», un fascinante espectáculo creado pola imaxinación desbordante de La Fiesta Escénica!! O sábado 23 en dúas sesións, ás 17:30 e ás 20:00.
Situámonos nun pequeno taller de construción de xoguetes a piques de pechar por falta de traballo.O dono, un artesán xa moi maior, está triste e preocupado porque non hai quen siga coa tradición. Pero a minutos do peche chega un encargo moi especial: a construción dun xoguete de grandes dimensións nun tempo moi curto!!
Para coñecer o resto desta aventura chea de emoción, maxia, amor, amizade, tendes que vir ao Pazo! Pasarémolo en grande, prometido!!