Cuando:
3 enero, 2020 a las 6:30 pm – 7:30 pm
2020-01-03T18:30:00+01:00
2020-01-03T19:30:00+01:00
Donde:
Casa Dopeso, As Pontes
Precio:
5€

A Casa Dopeso de As Pontes acollerá esta fin de semana a proxección da película Jumanji, que se porá ver o venres, día 3, en sesións de 18.30 e 21.00 e o sábado 4, ás 17.00, 19.30 e 22.00 horas. Trátase dunha nova aventura no fantástico mundo do xogo Jumanji, onde nada é o que parece. Nesta ocasión, os xogadores volven ao xogo, pero os seus personaxes mudaron entre si, o que fai que sexan os mesmos heroes pero con distinta aparencia.