As inscricións poden tramitarse a través da web: www.sportmaniacs.com ou da APP saudeter live ata o 16 deste mes ás 23.59 horas.
O evento contempla un total de 500 prazas para adultos, que aboarán 7 euros pola inscrición e 200 para menores, que pagarán 1 euro. Cada corredor e corredora recibirá unha bolsa con agasallos e poderá participar en varios sorteos. A saída e a meta do evento estarán na Praza de Galicia. Os primeiros en participar, a partir das 20.00 horas- serán os menores, con percorridos de entre 100 e 1.200 metros en función da categoría: gazapos (nados en 2016 a 2019), coelliños (2014 e 2015), coellos (2011 a 2013) e lebres (2008 a 2010).
Maís info en: https://cutt.ly/OwdJpoe8