Cuando:
2 febrero, 2020 a las 6:30 pm – 7:30 pm
2020-02-02T18:30:00+01:00
2020-02-02T19:30:00+01:00
Donde:
Centro cultural Torrente Ballester, Ferrol
Precio:
4 euros

 

A programación cultural do Concello de Ferrol trae esta fin de semana ao centro cultural Torrente Ballester “Hubo”, un espectáculo teatral sen palabras que trata sobre o amor, a perda, a soidade, a memoria e o arraigamento. Trátase dunha obra poética dirixida ao público familiar a partir dos sete anos. A actuación, unha produción de El Patio Teatro, terá lugar o domingo ás 18.30 horas e as entradas xa poden retirarse no despacho de billetes do teatro Jofre por 4 euros. O horario de atención ao público é de martes a venres de 11.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas. Sábados, domingos e festivos de función, abrirá pola mañá de 11.00 a 13.00 e pola tarde dende dúas horas e media antes do inicio da mesma.