Cuando:
15 agosto, 2020 a las 9:00 pm – 10:00 pm
2020-08-15T21:00:00+02:00
2020-08-15T22:00:00+02:00
Donde:
Praza Roxa. Cedeira
Precio:
Gratis

A «Gramola Gominola» é unha banda de auténtico Rock&Roll en galego para público cativo. Eles son Paco Cerdeira (Pakolas, Zenzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di elas, Lacón con Grelos). O grupo naceu no ano 2015 e dende entón deron centos de concertos poñendo ao público en pé cos cornos en man! Foi premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil. Teñen tres libros-CD no mercado publicados pola Editorial Galaxia.

A actuación trasladaríase ao auditorio en caso de choiva.