A proposta cultural e de ocio, “O Mar de Lecer”, posta en marcha o ano pasado polo Concello das Pontes para conmemorar o décimo aniversario da creación do lago, regresa, a segunda quincena de agosto, a este espazo cunha oferta de actividades ampla, diversa e multidisciplar.
Teatro O Cubo presenta a súa obra Ghop!, un espectáculo de teatro de rúa áxil, participativo e cheo de humor. Busca homenaxear aos circos ambulantes que durante moito tempo percorreron as prazas dos pobos e as aldeas. Ghop! ofrece malabares, monicreques, acrobacias, maxia e elementos propios dun espectáculo de variedade.