Teatro Ghazafelhos representará a obra «As mil e unha noites» no patio do colexio Santa María das Pontes. A compañía fai nun espectáculo de rúa unha reinterpretación dende o humor do relato As mil e unha noites. O público é convidado a sentar arredor do carromato por uns xenios zancudos. A través dunha sorprendente escenografía, e dun ambiente máxico de teas, coxíns, incenso… un narrador introdúcenos nunha historia capaz de nos transportar á antiga Persia pero… faltan personaxes para tan poucos actores, así que precisarán da participación activa do público para lograr contar as historias.
Ghazafelhos
Cuando:
20 julio, 2020 a las 6:30 pm – 7:30 pm
2020-07-20T18:30:00+02:00
2020-07-20T19:30:00+02:00
Donde:
Patio colexio Santa María, As Pontes
Precio:
gratis