Cuando:
23 febrero, 2020 a las 12:00 am
2020-02-23T00:00:00+01:00
2020-02-23T00:15:00+01:00
Donde:
As Pontes

A festa do Grelo chega a súa 40 edición cunha programación ateigada de citas musicais, populares e gastronómicas. Durante a tarde do sábado están previstas as actuacións do grupo de gaitas Canavella, da formación Os Viqueiras de Ordes e Cabazudos -17.00 horas (praza América)- e do grupo de folk galego -19.00 horas ( praza América)-.  A presentación do documental «O latexo do tempo humano» será ás 12.30 horas na Casa Dopeso. Ademais, a exposición Contornos estará aberta ao público na primeira planta do mercado municipal e haberá unha exhibición de torneado en talla de madeira na rúa Ramón Cabanillas, así como a praza América acollerá a feira itinerante promovida pola Federación de Mulleres Rurais (Fademur) con produtos autóctonos, entre os que se inclúen alimentación, agasallos e cosmética.

O programa do domingo 23 dará comezo ás 8.00 horas coa venda dos grelos para continuar ás 10.00 co certame de cesta e rematar as 11.00 horas coa entrega de premios aos gañadores.  A elaboración e degustación de pratos con grelos levarase a cabo entre as 11.30 e as 13.00 horas, mentres que o menú degustación servirase a partir das 13.00 horas. Sopa, cocido, requeixo da Faeira e mel de Goente serán as viandas que se poderán degustar polo prezo de 10 euros por persoa. A animación musical da xornada dominical correrá a cargo de No Cómbaro, Os Trevillas, a banda da Balbina -13.00 horas (praza América) e Tanxugueiras -18.30 horas (auditorio municipal).