Cuando:
2 diciembre, 2023 todo el día
2023-12-02T00:00:00+01:00
2023-12-03T00:00:00+01:00
Precio:
Gratis
Dentro do II Festival de Ilusionismo «As Pontes ten maxia», o sábado 2 de decembro, a partir das 11:00 horas, o mago Joshua Kenneth dirixirá un obradoiro de maxia, dunha hora de duración, dirixido a rapaces e rapazas de entre 8 e 16 anos. Todas a rapazada interesada en participar pode inscribirse, ata o 1 de decembro, no correo electrónico cultura@asopontes.org ou no teléfono 607 28 39 29
Ese mesmo día, ás 13:00 horas, da man do Mago Linaje, haberá un espectáculo de maxia dirixido aos bebés da vila, no Auditorio Municipal Cine Alovi. Xa pola tarde, ás 18:00 horas, será a quenda para a Gala de Maxia Infantil a cargo do Mago Linaje, no Auditorio Municipal Cine Alovi.