O Festea, VI Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques desenvólvese do 10 de outubro ao 5 de decembro en Ferrol.
A primeira actuación, ‘A caixa de nove lados’, terá lugar este domingo, 10 de
outubro, ás 12.30 horas no Torrente Ballester e as entradas xa se poden retirar no
despacho de billetes do Teatro Jofre. Trátase dunha peza que abordará a maxia do
mundo dentro dunha vella caixa de costura.
Nesta nova edición, diferentes compañías teatrais de diferentes partes de España ofrecerán obras de gran calidade para o público infantil e familiar. Máis información Programa oficial de Festea.
Inscripción na biblioteca ou chamando ao número 981 342 302.