Cuando:
15 octubre, 2023 a las 12:30 pm – 1:30 pm
2023-10-15T12:30:00+02:00
2023-10-15T13:30:00+02:00
Donde:
Centro cultural Torrente Ballester (Ferrol)
Precio:
Gratis

O Ciclo de Teatro de Obxectos e Marionetas Festea inclúe na súa programación a obra «A pita xefa», da compañía galega Títeres Alakrán.

Unha pequena pita cun soño pode facer moitas cousas: salto de lonxitude, bailar claqué… pero, sobre todo, pode conseguir o máis importante: mudar as normas do galiñeiro! Unha adaptación a teatro de títeres da obra “A pita xefa” editada por Baía Edicións, que foi obra gañadora do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2021).