Cuando:
18 septiembre, 2021 a las 12:00 pm – 8:00 pm
2021-09-18T12:00:00+02:00
2021-09-18T20:00:00+02:00
Donde:
Parque do Río Freixeiro (Narón)
Precio:
Gratis

O Concello de Narón organiza este sábado, día 18, unha nova edición da Festa do Apego, dirixida a menores de 0 a 6 anos e as súas familias e que terá lugar no parque do río Freixeiro con diferentes actividades, todas elas gratuítas.

O grupo Mamá Cabra abrirá o programa cos obradoiros «Arrolos», que teñen como obxectivo familiarizar aos nenos e nenas coa música desde ben pequenos e que se realizarán en dúas sesións, ás 12.00 e ás 17.00 horas.

Xarope Tulú levará a Narón o espectáulo «Arrieira», ás 13.00 e ás 18.00 horas, cunha narradora e un músico que farán viaxar aos asistentes a través do conto tradicional.

E xa por último, ás 19.00 horas, Pakolas presentará «Rockeando con Ramona Órbita», baseado na historia dunha labrega do  Courel que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas e ten tamén unha máquina do tempo, o seu mellor invento.