O periodista Javier Becerra e a artista Carolina Rubirosa farán un repaso á historia do pop basado no libro infantil «¡Esto es pop!» con música en directo. Trátase dunha sesión especial pensada para os máis pequenos da casa. A entrada é libre gratuíta. Os convites pódense retirar na billeteira do teatro Jofre o mesmo día da función de 11.00 a 13.00 horas e, a partir das seis, no mesmo centro cultural.