Cuando:
24 julio, 2020 a las 9:00 pm – 10:00 pm
2020-07-24T21:00:00+02:00
2020-07-24T22:00:00+02:00
Donde:
Praza Roxa, Cedeira
Precio:
Gratis

As vocalistas galegas, Ejazz, actuarán o día 24 na praza Roxa de Cedeira dentro da programación de verán organizada polo Concello e que se prolongará ata a primeira semana de setembro. Trátase dunha formación galardoada co Premio Martín Códax da Música na categoría de grupos vocais e coros (2019-2017). Ao fronte do grupo encóntrase a recoñecida mestra e cantante Carmen Rey como arranxista e directora musical. Completan o cuarteto Ángeles Dorrio, Marga Ramos e Betty Queiro.