Cuando:
8 junio, 2023 a las 5:00 pm – 7:30 pm
2023-06-08T17:00:00+02:00
2023-06-08T19:30:00+02:00
Donde:
Paseo de Xuvia (Narón)
Precio:
Gratis

Con motivo do Día Mundial do Medioambiente, o Concello de Narón organiza partir das 17.00 horas nas proximidades do parque infantil do paseo de Xuvia obradoiros para aprender a facer marcapáxinas reciclados, en colaboración coa Asociación Croio; elaborar un forno solar e visitar unha exposición de cociñas que utilizan esta enerxía; realizar chapas ou xogar a un Trivial sobre a Emerxencia Climática (as respostas correctas reducen a pegada de carbono).

Desde as 18.00 haberá unha plantación dunha decena de especies autóctonas que estarán identificadas a través dun Código QR.