Cuando:
19 octubre, 2019 todo el día
2019-10-19T00:00:00+02:00
2019-10-20T00:00:00+02:00
Donde:
Praza de Galicia de Narón
Precio:
gratis

O Concello de Narón traslada á Praza de Galicia as celebracións polo Día Internacional da Biblioteca. Pola mañá  haberá obradoiros sobre a protección do medio ambiente, ás 12.00 horas o contacontos para bebés «O xogo de Nano» e ás 13.00 horas o taller infantil «Estrafalaria». A Banda do Garaxe actuará ás 17.00 horas e, a partir das 18.00, comezará un taller de ilustración dirixido a persoas de tódalas idades. Non é necesario inscribirse.