Cuando:
20 agosto, 2022 a las 7:00 pm
2022-08-20T19:00:00+02:00
2022-08-20T19:15:00+02:00
Donde:
As Pontes de García Rodríguez
Lago de As Pontes

Espectáculo de circo itinerante musical encadrado no programa de actividades «Mar de lecer», con motivo do 10º aniversario do lago de As Pontes. «Giovanni di Mezzo, botánico, explorador e naturalista xenovés do século XIX, descobre unha illa no Océano Pacífico que alberga extranas criaturas, descoñecidas especies de insectos xigantes da Era Mesozoica que sobreviviron á gran extinción. Ó seu regreso a Europa, o doutor Mezzo exhibe algunha destas criaturas nunha feira ambulante na que se deu en chamarlle como O Fantástico Circo de Insectos Xigantes do Doutor Mezzo. Mezzo é un espectáculo itinerante cheo de cor, imaxinación e fantasia, co que Pistacatro quere recuperar por un lado o espíritu de aventura das novelas de Julio Verne e, por outro, a estética visual dos circos ambulantes de finais do século XIX e principios do XX.»