A proposta cultural e de ocio, “O Mar de Lecer”, posta en marcha o ano pasado polo Concello das Pontes para conmemorar o décimo aniversario da creación do lago, regresa, a segunda quincena de agosto, a este espazo cunha oferta de actividades ampla, diversa e multidisciplar.
O espectáculo Circando, da compañía Artefeito, achegará ata o lago das Pontes unha gala de circo, música e maxia na que os números se suceden de forma dinámica e na que o público asistente verase na obriga de non parar de rir.