Cuando:
29 enero, 2020 a las 11:45 am
2020-01-29T11:45:00+01:00
2020-01-29T12:00:00+01:00
Donde:
Moeche

O Día da Paz, 29 de xaneiro, celebrarase en Moeche cunha Andaina Solidaria para a recadación de alimentos non perecedoiros destinados á Cociña Económica de Ferrol. Para poder participar nela só será necesario contribuír cun quilo de alimentos e estar ás 11.45 no CEIP San Román  para saír cara o Concello de Moeche. Por outra banda, os nenos e nenas do colexio andan estes días a buscar «os seus patrocinadores»  para unha carreira «Km de solidaridade»  de axuda ás familias Rohingyas que se viron obrigadas a desprazarse a un campo de refuxiados, a través  de Save the Children. Os interesados deben presentarse ás 12.30 horas na Casa do Concello. Haberá distintas distancias en función da idade dos participantes.