Cuando:
18 junio, 2023 a las 11:00 am – 2:00 pm
2023-06-18T11:00:00+02:00
2023-06-18T14:00:00+02:00
Donde:
Pista polideportiva de Subarreiros (Neda)

O domingo 18 de xuño terá lugar na pista polideportiva de Subarreiros a sexta edición da Carreira escolar Concello de Neda. A proba, destinada a alumnado de entre 4 e 12 anos, arrincará ás 11 horas, nas diferentes categorías: biberón (correrán 50 m); pre-benxamíns (300 m); benxamíns (600) e alevíns (900 metros).

Os colexios nedenses deberán facer a inscrición como equipo, tendo que enviar a relación de integrantes antes do 15 de xuño, ao correo electrónico escolasneda@gmail.com. Nese mesmo enderezo electrónico poderán anotarse centros doutras localidades nos que estuden menores interesados en participar. Neste caso terán que indicar nome e apelidos, data de nacemento, DNI e colexio.Ollo!! Establécese un tope de 50 participantes por categoría masculina e feminina.