Cuando:
19 enero, 2020 todo el día
2020-01-19T00:00:00+01:00
2020-01-20T00:00:00+01:00
Donde:
Pavillón polideportivo de San Sadurniño
Precio:
Gratis

O pavillón de San Sadurniño acollerá esta fin de semana a sétima edición da Bumpers Indoor Race, unha competición de coches eléctricos a escala na que tomarán parte un total de 89 pilotos de todo o Estado e tamén doutros países. A xornada do sábado resérvase para adestramentos e para as primeiras mangas clasificatorias, mentres que o domingo correranse as últimas carreiras e as finais, de maneira que a competición rematará sobre as 18.00 horas. Os vehículos son modelos escala 1/10 con motorización eléctrica e dirixidos por radiocontrol. Non son xoguetes, senón bólidos capaces de acelerar de 0 a 100 en escasos tres segundos e de alcanzar velocidades en pista superiores aos 130 quilómetros por hora.  Ao longo destes dous días o pavillón estará aberto ao público con entrada libre para asistir desde as bancadas aos adestramentos e as carreiras que se disputen e tamén para ver de preto o traballo que se desenvolve nos boxes.