Cuando:
1 diciembre, 2019 – 9 enero, 2020 todo el día
2019-12-01T00:00:00+01:00
2020-01-10T00:00:00+01:00
Donde:
Igrexa de Santa Marta, Ortigueira

Desde o día 1 está aberto ao público o Belén construído no século XX por Camilo Díaz Baliño, pai do intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo. Trátase dun dos máis fermosos de cantos existen en Galicia. Entre as súas características destacan o seu escenario desmontable disposto en varios niveis, o uso de panos para dar un aspecto de misterio e teatralidade e unha moi coidada iluminación. A obra, así como a maior parte das figuras, foi realizada no ano 1924 en Santiago de Compostela e restaurada recentemente. Visita gratuíta. Os grupos interesados poden reservar data e hora a través do número 678 936 283 (D. Javier). Horario: de 11.00 a 13.00 e de 18.00 a 19.00 horas.