O programa Apego, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística de Narón, trae ao Centro cívico social de San Xiao a obra «O pozo do encanto», de Lydia Botana e Fabaloba, para idades de 3 a 6 anos. Ten a fada Alí como protagonista. Vive xunto unha fonte entre as penas dunha serra e como cada vez ten menos visitas decide baixar á vila para seguir transmitindo a súa fala máxica.
Inscricións en a.pita@naron.gal indicando o nome da actividade, o nome e idade da nena ou neno e do pai, nai ou persoa acompañante, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto.