O programa Apego, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística de Narón, trae ao Centro cívico social de San Xiao a obra «O axudante de Papá Noel», de Moc Moc. O público familiar poderá gozar dunha xornada de contacontos de circo na que se xuntan o Nadal, os malabares e os equilibrios que interactúan entre si.
Inscricións en a.pita@naron.gal indicando o nome da actividade, o nome e idade da nena ou neno e do pai, nai ou persoa acompañante, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto.