O programa Apego, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística de Narón, trae ao Centro cívico social de San Xiao a obra «Cabicivai», de Pablísimo, unha proposta dirixida e nenos e nenas de 3 a 6 anos, que vai sobre rodas cunha bici, un kammishibai e tres caixóns dos que pode saír calquera cousa.
Inscricións en a.pita@naron.gal indicando o nome da actividade, o nome e idade da nena ou neno e do pai, nai ou persoa acompañante, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto.