Cuando:
28 agosto, 2021 a las 11:00 am – 9:00 pm
2021-08-28T11:00:00+02:00
2021-08-28T21:00:00+02:00
Donde:
Rúas do concello de Cariño
Precio:
Gratis

O sábado 28 de agosto, o Concello de Cariño organiza unha actividade de escape-room na que poden participar todas as persoas interesadas maiores de 12 anos ou menores de esta idade se van acompañadas por un adulto. Establécense diferentes horas para empezar a percorrer as rúas de Cariño buscando a solución a diferentes enigmas -11, 12, 13, 17, 18, 19 e 20- e en cada unha delas sairán «de misión» catro grupos formados por un máximo de catro persoas. O nome da actividade é «A primeira serea» e está inspirada na lenda que fala da primeira vez que un mariñeiro viu a un destes seres mitolóxicos. Foi en Cariño e hai que descubrir onde sucedeu exactamente.