Os profesores do CEIP Unión Mugardesa levan xa anos brindando aos seus alumnos a posibilidade de descubrir as Fragas do Eume. A poucos kilómetros de Mugardos está un dos bosques atlánticos mellor conservados de Europa, un lugar que ao longo do ano é visitado por miles de turistas chegados de todas partes e que durante o curso convértese tamén nun recurso didáctico de primeiro orde para moitos escolares de diferentes puntos de Galicia.
De novo ao comezo deste curso un grupo de alumnos de Primaria do colexio Unión Mugardesa fixeron unha excursión ás Fragas do Eume. A visita ao bosque sempre ten moito de descubrimento. A caminata entre os grandes árbores esperta a curiosidade e fai que xurdan preguntas, mesmo esperta a imaxinación dos cativos, que se sinten un pouco exploradores.
As Fragas do Eume é unha das visitas guiadas que ofrece a Deputación da Coruña no seu programa de excursións escolares. Baixo o lema «O segredo do Eume», os grupos con nenos de entre 4 e 16 anos de idade poden realizar un percorrido, coas explicacións dun guia, polo bosque atlántico. Os interesados poden consultar a información premendo neste enlace.