CEDEIRA

A VILA
43°39’39.1”N 8°03’14.0”W
Oficina de turismo. Palacete Municipal.
Avda. de Castelao s/n.
Tlfo. 981 482 187Ferrol 34 Km
A Coruña 80 Km
Viveiro 61 Km
Santiago 123 Km

Cedeira é unha vila na que a tradición mariñeira o impregna todo. Tanto a súa historia como a súa arquitectura están marcadas pola vinculación co mar. O casco histórico posúe ese carácter, coas típicas casas galegas dos pobos mariñeiros, que se entremezclan con edificacións da Idade Media que aínda conservan os escudos da época na súas fachadas.
Nesta localidade de pequenas dimensións é posíbel facer moitas actividades ao aire libre, un aspecto moi interesante para excursións escolares. Os parques infantís teñen moita importancia neste municipio, por iso, desde o Concello decidiron ampliar a oferta de ocio para os rapaces instalando novidosos espazos de entretemento. Cedeira conta cun pump track na zona do instituto, que é un circuíto con curvas e montículos para percorrer en skate, bicicleta ou patinete aproveitando o impulso e a inercia.
Onde máis novidades hai para os adolescentes é no parque do Camiño Real, no que se vai estrear en breve un skate bowl, un tipo de parque de patinaxe, e por proposta do alumnado do IES Punta Candieira nos presupostos participativos, creouse un parque de calistenia, unha modalidade de entrenamento deportivo co propio peso corporal. Tamén nesta zona hai unha tirolina de 28 metros de longo e catro de alto pola que os nenos poden deslizarse e divertirse.
Outro sitio agradable para camiñar na área urbana é o Paseo Fluvial da Xunqueira, onde viven en liberdade aves como cisnes e gansos. Aquí tamén hai un espazo de xogos para os pequenos, así como bancos e recunchos para descansar nun entorno natural en medio da vila.

Idades: Primaria, ESO
Materias: Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Ciencias Naturais, Educación Física
Máis información: turismo.cedeira.gal

O MAR
Casa do Pescador
Camiño de Arealonga, 1
43°39’30.1”N 8°03’39.0”WTlfo: 620 972 981

A importante tradición mariñeira de Cedeira fai do mar o símbolo máis recoñecible desta localidade. A súa ría é un espazo de gran diversidade biolóxica, polo que foi declarada como Reserva Mariña de Interese Pesqueiro en 2009, o que permitiu asegurar unha xestión sostible da zona.
A lonxa é visitable mediante unha cita previa concertada coa confraría. Deste xeito os pequenos poden achegarse aínda máis á tradición pesqueira e coñecer desde o interior como é o funcionamento destas instalacións, a venda do peixe, o etiquetado ou cales son os diferentes métodos de captura que se empregan actualmente.
Ir ata o Museo Mares de Cedeira é outra das actividades de gran interese para realizar co alumnado, pois neste espazo amósanse os lazos do pobo cedeirés co mar. Conta cunha superficie de 320 metros cadrados repartidos en diferentes salas de exposicións nas que se atopan embarcacións, aparellos, motores, fotografías, fósiles de antigos cetáceos, cunchas…
Inaugurouse en 2016 para poñer en valor o traballo das persoas que adicaron á súa a vida ao mar, promovendo o coñecemento destes oficios tradicionais e difundindo a cultura mariñeira. Nos seus comezos contaba unicamente coas coleccións particulares de diferentes veciños que decidiron doar os seus útiles de navegación para dalos a coñecer a todo o mundo. Cos anos, a mostra foise ampliando con pezas que cedeu o pobo para conseguir revindicar a historia da vila e as súas tradicións.
Máis de 5.000 cunchas de bivalvos e gasterópodos de todo o mundo completan a colección de malacoloxía, unha das máis impresionantes do museo, que foi depositada por Manuel Suárez.
A pesares da súa curta historia, por este museo xa pasaron milleiros de personas. Desde hai un par de anos, está integrado na Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA) xunto con outros espazos adicados a difundir o patrimonio marítimo-pesqueiro repartidos por Galicia, Asturias e norte de Portugal.


Idades: Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato
Materias: Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Ciencias Naturais
Prezo: 1 euro por persoa. Visitas guiadas concertando con antelación
Horario: de martes a domingo de 10.30h a 13.30
Máis información: Para visitas á lonxa hai que chamar á Confraría ao 981 480 389.
Proxecto Vivir tocando o mar: bit.ly/33fbg1v
Artes de pesca artesanal e marisqueo no espazo Abalar da Xunta: www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/espazo/repositorio/cont/artes-de-pesca-artesanal-e-marisqueo-de-galicia

UN PASEO POLA HISTORIA
Oficina de Turismo
Palacete Municipal
Avenida de Castelao s/n
Tel. 981 482 187
43°39’36.3”N 8°04’30.8”WOficina de turismo. Palacete Municipal.
Avda. de Castelao s/n.
Tlfo. 981 482 187Ferrol 38 Km
A Coruña 83 Km
Viveiro 64 Km
Santiago 127 Km

Na zona alta da vila atópase o xacemento arqueolóxico de Punta Sarridal, un castro que segundo os expertos estivo habitado desde o século V a. C ata o II d. C. Neste achouse unha sauna castrexa de vapor, a quinta que se atopa en Galicia e coa pedra formosa máis antiga ata o momento. Muros e louzas primitivos foron aparecendo desde 2017, ano no que comezaron as campañas de escavación.
Este xacemento destaca por ser un espazo cunha disposición peculiar, no que se conservan áreas lousadas e restos dunha columna que serviría como soporte dalgunha edificación anexa. Os restos do conxunto castrexo son visitables e contan cun panel explicativo cun código QR no que se pode acceder á reprodución en 3D, que permitirá ao grupo interpretar correctamente o restos.
Nas inmediacións atópase o Castelo da Concepción, unha fortaleza militar do século XVIII que foi testemuña de diferentes contendas. Foi construída polos veciños tras unha batalla con Inglaterra que mostrou a necesidade de protexer a vila. Actualmente conta cun museo no seu interior e un centro de interpretación sobre o xacemento de Castro Sarridal, no que se expoñen algúns dos obxectos atopados durante a escavación, como unha moeda romana datada no I a.C.
Para achegarse ata aquí é posíbel facelo a pé ou en vehículo, pois hai un aparcamento ao lado. Para subir camiñando pódese acceder polas escaleiras que se atopan ao final do porto, pegadas ao castelo, ou incluso percorrer o casco antigo e subir desde esa zona.
Ademais do patrimonio histórico, no Sarridal está a paradisíaca cala de Sonreiras, de augas cristalinas e á que se baixa a través dunha escaleira con 150 chanzos. Ao seu redor están antigas cetarias, así como tamén hai un miradoiro desde o que contemplar a ría de Cedeira e o Faro de Punta Sarridal, que orienta ós barcos na súa entrada á vila.
Xa nos arredores da vila encontramos o Faro de Punta Candieira e a Ermida de San Antón do Corveiro, lugares de interese para ir co alumnado e completar a xornada na localidade.

Idades: Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato
Materias: Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Ciencias Naturais
Recomendacións: Bo espazo para almorzar na natureza. O acceso por estrada é estreito para o autobús, é mellor deixalo na zona do porto e subir polas escaleiras.

SERRA DA CAPELADA E SAN ANDRÉS DE TEIXIDO
Tel. 981 482 187
43°42’32.6”N 7°59’02.1”WOficina de turismo. Palacete Municipal. Avda. de Castelao s/n.
Tlfo. 981 482 187
mar.lopez@cedeira.esFerrol 46 Km
A Coruña 92 Km
Viveiro 66 Km
Santiago 135 Km

A Serra da Capelada esténdese polo litoral dos concellos de Cedeira, Cariño e Ortigueira, e é unha zona de gran valor natural e xeolóxico que forma parte do proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal.
Os cantís máis elevados da Europa continental atópanse nesta serra, con 621 metros de altitude, e sobre os que se sitúan diferentes miradoiros. Un deles é o da garita da Herbeira, unha edificación de 1805 que se empregaba para vixiar a entrada de barcos inimigos, e desde a que hai unhas vistas impresionantes da costa. Trátase dunha zona que recibe moitas visitas, pero que pode redescubrirse a través do traballo de divulgación que están a realizar os concellos implicados no proxecto do Xeoparque e das súas “xeorutas”. A de menor dificultade delas é a “dos cantís”, que percorre precisamente a Serra da Capelada -máis información nas páxinas 40 e 41-.
Aquí atópase tamén o máxico pobo de San Andrés de Teixido, que rodeado de lendas álzase sobre os cantís da Capelada. Aínda que o seu santuario data da Idade
Media, o uso do espazo como lugar de culto remóntase á época prerromana.
O templo comezou a ser construído no século XVI, enmarcándose dentro do estilo gótico, pero con carácter mariñeiro.
É o segundo punto de peregrinación de Galicia despois de Santiago de Compostela, e ademais, a lenda máis coñecida da aldea, di: “vai de morto que non foi de vivo”. Fai alusión á importancia de visitar a ermida polo menos unha vez na vida, porque senón o farás reencarnado nun animal. E por iso, durante o percorrido é importante fixarse en non pisar ningún ser vivo.
Ademais de mitos, en San Andrés tamén hai diferentes tradicións. Cando se visita a zona é habitual mercar uns amuletos chamados “sanandresiños”, que se fabrican artesanalmente con miga de pan.

Idades: Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato
Materias: Ciencias Naturais, Química, Ciencias Sociais, Xeografía e Historia
Recomendacións: Bo espazo para almorzar na natureza na Capelada. Hai mesas e bancos
Máis información: Proxecto educativo sobre mitos, lendas e contos: es.slideshare.net/PepaBotellaPrez/unidad-didctica-mitologa
Historia sobre San Andrés de Teixido: turismo.cedeira.gal/conece-cedeira/san-andres-de-teixido
Asociación Cultural y Recreativa Amigos del Camino a San Andrés de Teixido: caminoasanandres.com/asociacion
