CABANAS
PATRIMONIO INDIANO
Concello de Cabanas
Rúa de Concello, 22
Teléfono: 981 49 59 59Ferrol 13 Km
A Coruña 39 Km
Viveiro 79 Km
Santiago 82 Km
O retorno dos emigrantes a Galicia trouxo consigo un importante impacto social, económico e cultural que deixou a súa pegada para a posteridade mediante a
arquitectura indiana, caracterizada por mezclar elementos construtivos autóctonos con outros de correntes internacionais coma o modernismo, o historicismo, o
eclecticismo ou o racionalismo.
Este tipo de construcións propias dos primeiros 30 anos do século XX, localízanse en zonas rurais ou periurbanas. Teñen unha importante presenza na comarca de
Ferrolterra, e en concreto na península de Bezoucos, onde está o concello de Cabanas.
Na área de San Martiño do Porto atópase Vila Fraián, que podería ser a primeira parada da ruta, por estar situada na estrada que conecta Cabanas con Mugardos. Foi
a vivenda familiar dos irmáns Patiño, reformada mezclando elementos rexionalistas e modernistas en 1920. Moi preto desta vivenda está a de Vista Alegre, que foi levantada polos irmáns Barros nunha etapa máis tardía, combinando o estilo indiano con elementos rexionalistas.
Dentro da arquitectura civil indiana destaca a Escola Laica, construida pola Sociedade da Luz en 1929 como escola e casa do mestre, pero tamén coma refuxio de orfos de guerra. De camiño ata o seguinte punto, xa na área urbana de Cabanas, pode ser un bo momento para achegarse ata o areal da Madalena e facer un pequeno descanso.
Moi próximo á praia atópase o Chalé do Arenal, de estilo rexionalista que data entre 1930 e 1934. Foi promovido por Emilio Blanco, emigrante na Arxentina, e no seu
momento, este palacete foi a vivenda máis significativa do entorno.
Por último estaría a casa Vila da Pena, situada na parroquia de Irís, a uns 15 minutos camiñando da anterior, que foi construída en 1912 segundo o estilo
rexionalista por encargo de Pedro Fernández Murís.
Idades: ESO e Bacharelato
Materias: Xeografía e Historia, Historia do Arte, Ciencias Sociais
Duración: Dúas horas aproximadamente
Máis información: turismo.cabanas.gal
Para descargar un plano da ruta: cabanas.gal/area-turismo