Voltaremos saír de excursión! Canto botamos de menos neste confinamento ao que nos obriga o «becho» da coronavirus Covid-19 percorrer as nosas comarcas! Desde a casa só pensamos en facer planes. En programar unha excursión pola natureza. Visitar eses museos e castelos que son parte da nosa historia. Percorrer as nosas vilas e pobos, gozando da súa particular arquitectura, dos espazos públicos, das prazas e rúas… Todo iso voltará e oxalá esta morriña que agora temos se transforme despois nun sentimento aínda máis fondo de orgullo polo noso.
Ferrol, Eume e Ortegal están aquí e agárdannos. Non só aos centros escolares neste curso tan revolto que non se sabe moi ben se poderá recuperar a normalidade. Tamén ás familias, aos grupos de amigos ou, por que non, a quen queira pasear tranquilamente e gozar en soidade do contacto co aire libre que tanto necesitamos.
Pingota Comunicación quere trasladarvos a todos e todas unha mensaxe de ánimo e de optimismo, que non de esquecemento, porque de todo hai que aprender, tamén das situacións que nos poñen a proba. Seguramente cando recuperemos a normalidade haberá que aprazar por un tempo as viaxes longas, as vacacións no extranxeiro, pero no noso caso somos afortunados, porque temos ao lado da casa auténticos paraísos que queremos redescubrir canto antes.
A planificar a vosa excursión! Descargade a revista!